O Padre Feijoo
O Padre Feijoo foi un relixioso, escritor e pensador galego do que Francisco Asorey fixo unha escultura en pedra que está no claustro do Mosteiro de Samos. Está considerado o máis grande filósofo español do século XVIII e o mellor expoñente do racionalismo ilustrado.
Benito Jerónimo Feijoo naceu en Casdemiro (Ourense) o 8 de outubro de 1676. En 1960 tomou o hábito de San Bieito no mosteiro de Samos e logo estudou nos colexios de Lérez (Pontevedra) e Salamanca. A partir de 1709 viviu e traballou en Oviedo, onde morreu en 1764.
As súas obras foron traducidas ao alemán, italiano, inglés e francés.
É autor de obras como:
-Teatro Crítico Universal (nove volumes de temas variados)
-Discursos varios en todo xénero de materias para desenganar de erros comúns.
-Cartas eruditas e curiosas (cinco volumes)
Nas súas obras tratou todo tipo de temas filosóficos, científicos ou de actualidade: astronomía, medicina, historia natural, física, matemáticas, química, tradicións e coñecementos populares, defendeu a igualdade entre o home e a muller.