O oso pardo máis grande do mundo

16 Marzo 2014
oso kodiak

Nalgunhas zonas de Alaska vive un dos carnívoros terrestres máis grande do mundo, o oso Kodiak, de tamaño semellante ao oso polar.

Os machos miden ata 2,85 m de altura ergueitos e poden acadar os 675 kg. O pelaxe é longo e espeso, de cor castaña. Teñen unha gran cabeza, orellas pequenas, redondeadas e erectas, ollos pequenos, corpo pesado e robusto e cola curta.

Este oso foi protagonista de moitos documentais e de películas como “O oso”.