O obxectivo do Cryosat, cumprido

5 Xuño 2012
Cryosat

As variacións no grosor da capa de xeo ártico nunca se viron reflectidas nun mapa con tanta precisión. Durante máis dun ano, o satélite CryoSat foi o encargado de elaborar este ambicioso proxecto. Grazas a esta investigación, pode observarse e coñecerse a evolución do cambio climático.

Os científicos din que a diminución na extensión dos xeos no Ártico segue en aumento. Estanse derretendo e cada vez máis rápido, incluso máis do prognosticado.

Alí atópanse entre o 15 e o 20 % do petróleo e as reservas de gas do mundo. Polo tanto, dentro duns anos, o Ártico pasará a ser unha rexión xeopolítica moi importante.

Crese que a mediados deste presente século, o Ártico xa estea libre de xeo durante a época estival, polo que sería navegable.

A formación e fusión do xeo no Ártico ocorre nas etapas invernais. Durante a década pasada, os científicos decatáronse de que a perda de xeo mariño estaba a ser un proceso en aceleración.

O mapa que realizou o satélite CryoSat é de alta fiabilidade. Ademais, a misión deste,   supón ser a primeira misión espacial dedicada á monitorización dos xeos árticos.