O nacemento da fotografía

6 Septembro 2011
Laurent-1872

Imaxe de 1872

O 19 de agosto cumplíronse 172 anos da presentación oficial do invento da fotografía diante da Academia de Ciencias e Belas Artes de Francia.

A evolución da fotografía estivo moi ligada, desde o seu nacemento, aos avances en química, coa experimentación dos distintos procedementos para elaborar materiais sensibles á luz e produtos que permitisen fixar a imaxe e facela duradeira, primeiro en branco e negro, despois en cor, en positivo ou en negativo. O invento da fotografía dixital revolucionou totalmente este mundo e agora todo depende dos circuitos electrónicos.

A verdadeira revolución, considerada o nacemento da fotografía, foi o descubrimento da fixación das imaxes. Nos comenzos fixéronse todo tipo de experimentos para axudar a fixar as sales de prata sobre o o vidro: xugo de frambuesa, baba de caracol e clara de ovo (albúmina). A última solución resultou tan exitosa que se empregou tamén para fixar as solucións fotosensibles ao papel de positivos. E xurdiron fábricas de papel de albúmina por todas partes. A máis grande do seu tempo estaba en Dresden (Alemania), na que centos de traballadores escachaban 60.000 ovos ao día. Arredor do 1900 xa estaban sentados os principios básicos da fotografía e a partir de ahí a maioría dos avances ían vir da man das grandes empresas do sector.