O mundo das serpes

6 Septembro 2012
serpe

As serpes son réptiles sen patas coa pel cuberta por escamas, que mudan periodicamente.

O seu esqueleto ten moitas vértebras (200 nas víboras e ata 400 nas pitóns). As serpes empregan distintos sistemas para cazar ás súas presas. Algunhas teñen dentes cos que inxectan veleno para paralizar ás víctimas, como as cobras e as víboras, e outras, como as boas e as pitóns, mátanas por constricción.

No mundo coñécense 2.900 especies de serpes. En Galicia hai oito.