O mundo canino

Os animais tamén son seres vivos
7 Decembro 2010
Olga-can

Olga e "Bella"

A protectora de animais de Cambados visitou o noso centro para explicarnos a gravidade que ten abandoar os cans. Con esas charlas tentounos inculcar a importancia de coidar os cans, os gatos ou calquera outro animal que teñamos na casa e que non lles fagamos a eles o que non queiramos que nos fagan a nos, xa que tamén son seres vivos.

Na charla fixeime moito en que a maioría da xente non lle ten microchip aos cans, abandónaos, ou déixaos soltos de día e acóllenos polas noites... cóidaos mal. E o pior diso é que por non coidalos os animais collen enfermidades como a sarna, provocan problemas como a contaminación fecal das rúas ou atacan ás persoas. Todos os cans maiores de catro meses teñen a obriga de levar microchips.

Unha cadela en dous anos pode chegar a ter 511 fillos, netos, bisnetos...

Hai protectoras de animais que collen os cans abandonados, lávanos, cúranos e despois a xente que quere pode adoptalos ou son usados como cans de tratamento para axudar a persoas maiores ou discapacitadas. Por exemplo, cando un can de terapia vai a un xeriátrico e os anciáns o acariñan exercitan os brazos.

A un can que lle pasou isto é a Bella, esta é a súa historia:

Bella vivía cun ancián que lle daba todos os días de comer, pero o ancián morreu e Bella quedou na súa tumba moi triste. Dúas semanas despois a protectora salvouna, porque ía morrer. Lavárona, coidárona, e hoxe en día Bella é un dos mellores cans de terapia.

Non me gusta que a xente en vez de coidar ou castrar os cans, ou levalos á protectora de animais, non! tiran as crías ao lixo e morren trituradas no camión ou entérranos para que morran asfixiados, que crueis!