O meu recordo dun terremoto

Terremoto do Perú (6-8-2007)
6 Abril 2011
Perús terremoto

O terremoto de Perú do seis de agosto de 2007  tivo unha magnitude de 7,9 graos na escala de Ritcher e durou case tres minutos. O epicentro localizouse na costa, a39 kmde Chincha Alta, a39 kmde profundidade. Afectou a 431.000 persoas nas provincias de Pisco, Ica, Chincha, Cañete, Yauyos, Huaytará e Castrovirreyna. Deixou 513 mortos, 2.291 feridos, 76.000 vivendas totalmente destruídas e numerosos danos nas infraestruturas.

Cando foi o terremoto eu tiña sete anos e vivía en en Chincha Alta (Perú) coa miña nai e meu hirmán. Meu pais estaba traballando en Cambados.

Foi pola tarde, recordo que saímos correndo da casa e miña nai foi buscar aos meus avós que vivían preto. A miña nai corría e a terra seguía tremando. Tivemos que dormir na rúa. A xente choraba e berraba. Algúns contaron que antes do terremoto viron unha luz branca no ceo. As réplicas seguían e durmimos dous días no xardín. Vimo todo derrubado. A miña veciña quedou sen casa, vin morrer a un neno de cinco anos que quedou atrapado e non puido saír. Logo fumos a Pisco pola estrada e estaba toda levantada. Os meus primos de Pisco contáronme que viron unha onda xigante. Despois chegou o exército para axudar á xente e repartir comida.