O meu goniómetro

5 Xaneiro 2011
goniómetro

O día da Ciencia en Galego, un grupiño de alumnos deste centro construíron un goniómetro semellante ao da imaxe. O aparello é sinxelo de facer, pero ollo, non por iso hai que sacarlle mérito. Vexamos, necesitamos o seguinte material: unha palliña, un cartón, un debuxo dun transportador de ángulos, un fío, útiles de pegar e a “plomada”.

A pregunta do millón é, cómo podo construír este aparello que mide ángulos e que recibe o nome de goniómetro? Pois ben, os pasos son os seguintes:

1.-Recortamos un cartón en forma de rectángulo. Queremos algo práctico e nada moi aparatoso, quizáis un pouquiño máis grande que medio folio.

2.-Agora pegamos o debuxo do transportador de ángulos tal e como se pode ver na figura. Sabedes, o trasportador podémolo atopar fácilmente en internet, buscando imaxes en Google.

3.-Xa é hora de pegarlle a palliña. Para elo usamos fixo ou celo. Como palliña ben sirve a típica que se usa para tomar un refresco pero, como en todo, pódese usar outro obxecto que teña a mesma función. Se vos fixades no debuxo, é aconsellable que saia un pouco do cartón polo lado no que se pegóu o transportador de ángulos. Pensar que xusto na beira de palla poremos o ollo e non queremos que nos moleste o cartón.

4.-Só resta facer a plomada. Para creala, usaremos fío e un obxecto que posúa algo de peso, como por exemplo un clip. Si, un clip é unha boa plomada porque por un extremo colgará, proporcionando estabilidade, e polo outro extremo é moi sinxelo atarlle un fío e conseguir que o clip co fio colgen dende o centro do transportador de ángulos; esto pode facerse axudándose dunha agulla e facendo un nó polo outro lado do cartón para que non escape e quede seguro.

Agora só resta probalo, medir e medir ángulos. Se a maiores, coñecedes o teorema de Tales de Mileto, pois mellor que mellor xa que lograredes medir a altura dun edificio sen subir ao tellado e tirar un metro moi moi longo ata abaixo.