O meu can

8 Decembro 2010
can Malena

Ao meu can trouxémolo da Arxentina. Chamabase Dreyco e era un boxer branco, ledo, cariñoso, amigable... podería decirlle mil adxetivos.

Ao chegar a España era feliz. Tiña un terreo amplo para correr e gozar. Despois complicáronse as cousas e tivemos que mudarnos a un piso. Sacábamolo a pasear todos os días e era moi obediente á hora de volver á casa.

Houbo un tempo en que tivemos que deixar de pasealo polo día por culpa da xente que lle tiña medo, aínda que eso nunca o entendín, porque o meu can non mordeu a ninguén nunca. Bueno, paseabamolo de noite e el seguía contento. Na casa tiña de compañeiros a dous hamsters e dous cobaias aos que podía mirar durante horas, pero mellor non xuntalos, porque teño que admitir que Dreyco era bruto e eu tiña medo de que nunha das súas caricias poidese mancar aos animaliños.

Ao pouco tempo Dreyco enfermou. Tiña cancro. Unha noticia moi triste. Pero nunca o abandoamos. O veterinario díxonos que podía durar dous anos se seguía un tratamento. Cada dúas semanas tiñamos que ir porlle unha vacuna. Entre viaxe e viaxe era moi divertido. El sacaba a súa cabeza pola ventanilla do coche e todo o mundo o saudaba, e el contentísimo.

Unha noite que durmía xunto á miña cama sentino respirar moi mal. Ao día seguinte os meus hirmáns levárono ao veterinario e Gustavo (o veterinario) falaba coa miña nai, e ela mentres, poñíase moi triste. E querendo o mellor para o meu can, respondeu entre saloucos “está ben”, e a partir desas palabras comprendín, sen que mo explicaran, que a Dreyfus o ían matar. Pedínlle entre bágoas a miña nai que me levara a despedirme del, e así foi. O veterinario xa lle puxera a inxección e tiven que despedirme a duras penas, escoitando como o seu corazón se detía suavemente e o seu corpo quedaba sen vida. Esa foi a última vez que vin ao meu can.

Como podedes ver queriamolo como a un máis da familia. Sei que moitas persoas, como o meu profesor de Sociais, non comprenderán como o queriamos tanto, pero é que é inexplicable. O meu can rouboume o corazón e nunca o esquecerei!.

Sei que semella unha historia moi triste. Pero aledábame todos os días. Ter un can, un gato ou calquera outro animal de compaña no é só para querelo nos momentos en que está ben, senón a todas horas e non abandoalos nunca. Felicito a todos os valentes que teñen algún animal de compaña e sábeno coidar.

 

Este traballo fixoo Malena cando estaba en 1º de ESO e levou un premio da Protectora de Animais de Cambados.