O Matrimonio na antiga Roma
O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, unha tradición de máis de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Nesta revista queremos facer unha contribución con dous artigos que forman parte da exposición O lado máis humano da ciencia elaborada polo departamento de Latín e Grego do noso centro.
TIPOS DE MATRIMONIO EN ROMA
O “cum manu”: a muller pasaba da autoridade dos pais á do home e así este tiña todo o poder sobre as súas propiedades e sobre ela.
O “sine manu”: a través deste os pais da muller seguirían tendo a autoridade sobre ela e así en caso de divorcio esta conservaba as súas propiedades.
O RITUAL DO MATRIMONIO PATRICIO.
Os pobres non adoitaban casar. Os que convivían xuntos durante un ano eran considerados legalmente un matrimonio. Se non quería casar, a moza tiña que pasar tres días ao ano fóra da casa.
O ritual romano das vodas patricias é o antecesor de moitas dos nosos costumes actuais. A noiva levaba unha túnica longa branca e un velo alaranxado coroado con flores. A madriña (pronuba) xuntaba as mans dos noivos seguido dunha declaración mutua de compromiso. Os noivos intercambiábanse os aneis e dábanse un bico. Ao rematar celebrábase a cena nuptialis na casa da noiva. Logo producíase una simulación de secuestro da noiva por parte do noivo : esta refuxiábase nos brazos da nai mentres o noivo finxía quitarlla. Despois dábase inicio ao percorrido á residencia do marido onde él xa a estaba esperando. A pronuba conducía á noiva ao leito conxugal onde se daba por terminada a unión. Antes de entrar, a noiva pronunciaba estas palabras: “Ubi tu Gaius, ego Gaia” (“se ti es Caio, eu son Caia”). Desta expresión ven o termo “tocaio” cando as persoas comparten o nome. Os acompañantes collíana en brazos para que non pisara o limiar mentres o marido esperaba dentro para consumar...
ADULTERIO
Se o home mantiña relación sexuais con prostitutas ou escravas non era considerado adulterio, pero se non era unha destas era desterrado a una illa e podía ser obrigado a realizar traballos forzosos. O marido podía matar aos amantes par restituír a súa honra. Á muller infiel exiliábana a una illa deserta e non podía volver casar, aparte de ser considerada una prostituta.
O DIVORCIO
Inicialmente, só os homes podían solicitar o divorcio en caso de adulterio ou se a muller non era fértil. Tras un divorcio os fillos quedarían co pai e a súa familia. Os homes viuvos podían casar de inmediato mentres que as mulleres tiñan que esperar dez meses.