Por que o mar é salgado?

3 Febreiro 2012
sal-mar

Sal nunha poza

Se todo o sal do mar se estendese uniformemente sobre a terra seca, formaría unha capa de máis de150 metrosde espesor, unha altura de 45 pisos!

De onde vén tanto sal?

A pregunta é válida, sobre todo se pensamos que múltiples fluxos de auga dóce e ríos desaugan no océano. Os científicos identificaron varias fontes:
Unha delas é o chan baixo os nosos pés. A auga de choiva infíltrase a través do solo e rochas e disolve pequenas cantidades de minerais, incluíndo o sal e os seus compoñentes. A continuación, son transportados ao mar por ríos e regatos. Por suposto, na auga dóce hai tan pouco sal que non o percibe o noso padal.
Outra fonte son os minerais atopados na codia baixo os océanos. A auga do mar penetra a través de fisuras en torno ao manto da Terra onde, coas altas temperaturas sae superenriquecido cunha gran carga de minerais disoltos, e sae de volta polas fontes hidrotermais dos fondos oceánicos, ás veces formando xéiseres nas grandes profundidades. Os minerais disoltos na auga vertida mésturanse coa auga do mar.

Hai un proceso inverso que ten o mesmo resultado: non volcáns vomitando grandes cantidades de rocha fundida no interior do océano, onde os constituíntes químicos da rocha son liberados na auga.

O vento tamén contribúe ao transporte de minerais a partir de partículas do solo para o mar.

Así, a auga do mar pasa a ser un terreo fértil onde son disoltos case todos os elementos coñecidos. Con todo, o principal compoñente do sal é o cloruro de sodio (sal de mesa común), que constitúe o 85% dos sales disoltos na auga e, polo tanto, é o composto que máis contribúe a salinidade do mar.