O líquido máis perfecto do Universo

9 Maio 2012
líquido p

O líquido máis perfecto do universo non se parece case nada á auga. Trátase do plasma, tremendamente quente, de quarks-gluóns.

Créese que esta exótica forma de materia estivo presente durante os primeiros microsegundos do Big Bang e que podería existir aínda nos centros das estrelas masivas distantes.  

Por medios artificiais, o plasma de quarks-gluóns pode ser producido hoxe en día en potentes colisións de partículas como as desencadeadas no la boratorio europeo CERN.

Agora, novos resultados teóricos obtidos na Universidade Tecnolóxica de Viena mostran que este plasma de quarks-gluóns podería ser aínda menos viscoso do plantexado en teorias anteriores.

En 2004, chegouse á conclusión de que a teoría cuántica estlabecía certo límite inferior para a viscosidade dos fluídos. En 2005, as medicións mostraron que a viscosidade do plasma de quarks-gluóns está apenas por enriba deste límite. Aínda que é posible romper este récord de viscosidade baixa, segundo as conclusións ás que cheggou agora o equipo do Instituto de Física Teórica na Universidade Tecnolóxica de Viena.

Estos físicos fixeron novos cálculos e o resultado mostra que a viscosidade pode chegar a ser máis baixa que o valor que ata agora considerábase o límite absoluto máis baixo.

Os experimentos que actualmente están sendo levados a cabo con quarks e gluóns no CERN darán oportunidades para comprobar a veracidade das novas predicións teóricas.