O león

28 Xaneiro 2013
león

O león é un dos felinos máis grandes que existen (despois do tigre) e noutros tempos foi o máis abundante. Na actualidade só se atopa en África e nunha pequena parte da India.

É un animal forte e musculoso. Os machos caracterízanse pola espesa melena que cubre a cabeza e o pescozo. Viven en manadas dirixidas polas femias, que son as encargadas de cazar e coidar ás crías.