O lago Ness

5 Xuño 2012

O lago Ness é moi coñecido polas lendas e películas nas que se fala do monstruo que habita nel.

O lago é unha extensa e profunda masa de auga dóce que se atopa nas Highlands (Terras Altas) de Escocia, no Reino Unido.

Lago Ness

Exténdese aproximadamente 39 km ao suroeste de Inverness. Este lago forma parte da serie de lagos de Escocia que foron labrados polos glaciares durante anteriores glaciacións. É o lago con mais volume de auga do reino Unido e o segundo en superficie. A súa profundidad é de 226 m e a súa superficie de 56,4 km².

Recibe moitos afluentes: Río Oich, Río Moriston, Río Foiers, Río Enrick e Río Coite.

A LENDA DO MONSTRUO DO LAGO NESS

Cóntase que un monstruo, ao que lle deron o nome de Nessie, vive no lago. Existen rumores desde hai polo menos 1595 anos de distintos tipos de criaturas extranas e xente que afirma que as veu e incluso as fotografou, aínda que non se basan en ningunha proba. Con todo, Nessie é un importante atractivo turístico para a zona e serve de reclamo para moitos negocios.