O lado máis humano da cienia. A Coruxa.

7 Septembro 2013
coruxa cl

En galego, esta ave nocturna pola que se tiña un certo temor supersticioso, recibiu moitos nomes: paxaro da noite, noiteira, noutarega, loutarega. Pero o máis estendido é o termo “curuxa”. Moitos pensan que é una onomatopea imitando o canto do paxaro. Outros que provén do latín cuculla (pola carapucha dos monxes), ou do verbo corruptiare (irritar) ou do adxectivo coruscus (brillante).

CURUXA: UN ANIMAL SABIO E PROTECTOR.

coruxa

Sempre se considerou a curuxa como un ave misteriosa.  Algúns téñenlle medo, e ata cren que da mala sorte, pero é todo o contrario. En moitas antigas tradicións e culturas é un animal sagrado ou un tótem de poder, relacionado coa enerxía feminina, a maxia, a sabedoría, a transformación, a fertilidade, a protección e a boa fortuna.

Moitas mulleres antigas, de grandes coñecementos sobre si mesmas, a natureza e sobre a mediciña natural, partos, embarazos, colleitas… tiñan na entrada da su casa unha curuxa. É unha ave enigmática, sagrada e protectora. Ata hoxe considérase un talismán de fortuna e boa sorte.

EN ATENAS.

A curuxa é o animal de Atenea, deusa da sabedoría e da guerra. O epíteto típico dela é “a dos ollos de curuxa” posto que estaban sempre atentos e brillantes.
En moitas cidades venden curuxas de prata, barro e diversos materiais en cor branco cos ollos azuis. En Grecia  lévana como símbolo da deusa, ademais de crer que están protexidos pola enerxía feminina e a maxia, brindando abundancia a quen a leva.

A MOEDA GREGA.

coruxa moeda

A moeda grega típica de Atenas por un lado tiña  o rostro de Atenea e polo outro o da curuxa en honor á súa divindade protectora. Aínda aparece nos actuais.