O lado máis humano da ciencia. As pandemias

AS PESTES OU PANDEMIAS
19 Novembro 2013

 

peste-clásicas

 

A mitoloxía grega explica as pandemias como castigos dos deuses aos homes polas máis diversas causas. As frechas de Apolo levan a enfermidade e caen sobre os exércitos ou as poboacións como unha bandada de paxaros coa sua mortal carga.

A peste era moi temida na Antigüedade xa que ás veces acababa con boa parte da poboacion, como na famosa peste de Atenas na que morreu o propio Pericles. 

A PESTE DO EXÉRCITO AQUEO

Apolo

Conta a mitoloxía grega que durante a guerra de Troia Apolo disparou frechas infectadas con peste no campamento grego en resposta ao insulto de Agamenón a Crises, un dos seus sacerdotes cuxa filla Criseida fora secuestrada. Apolo esixiu a súa liberación, e os aqueos terminaron por ceder por mor da peste, provocando indirectamente a furia de Aquiles, que é o tema da Ilíada.  

PESTE EN TEBAS

Outra peste famosísima foi a da cidade de Tebas. Esta foi provocada tamén polo deus Apolo, xa que o seu rei Edipo, o famoso e desgraciado Edipo, matara ao anterior rei (o seu propio pai) sen sabelo. A peste só remataría cando se atopase ao asasino. E Edipo buscaba ao criminal, sen saber que era el mesmo, o que tiña diante do espello...

Apolo1

APOLO NA ARTE

Na arte Apolo é representado coma un home novo, imberbe e fermoso, a miúdo cunha cítara ou un arco na man, ou reclinado sobre unha árbore. O  Apolo de Belvedere é unha escultura en mármore que foi redescuberta a finais do século XV e que desde o Renacemento ata o s. XIX puxo fin aos ideais da Antigüedade clásica para os europeos. Tratase dunha copia helenística ou romana dunha orixinal en bronce do escultor grego Leocares feita entre o 350 e o 325 a. C.