O lado máis humano da ciencia: os trastornos mentais
COMPLEXO DE EDIPO
A moderna psicoloxía baséase ás veces nalgúns mitos gregos para ilustrar trastornos mentais patolóxicos. Neste particular, na psicoloxía chámaselle “Complexo de Edipo” á etapa que aparece ao redor do ano de vida e que consiste na identificación do varón coa nai e o rechazo ao pai. Se esta tendencia continúa na idade adulta, convértese nunha patoloxía psiquiátrica.
O MITO GREGO
Edipo é o fillo de Laio e Iocasta, reis de Tebas. Laio, para evitar que se cumpra o terrible destino que o oráculo lle anunciara (que ía ser asasinado polo seu propio fillo), entrega a Edipo recén nacido a un servinte para que o abandone no monte Citerón. Pero este entrégao a un pastor, quen o acolle e finalmente é entregado ao rei de Corinto, Pólibo e a súa esposa Mérope, quen o adoptan, danlle o nome de Edipo e críano cal si fose o seu propio fillo.
Sen embargo o mozo Edipo, ao escoitar murmurios acerca de que o rei e a raíña non eran os seus pais, consulta o oráculo, quen lle revela que o seu destino será dar morte ó seu propio pai e casarse coa súa nai: entón Edipo emprende unha viaxe tentando fuxir do destino e, no camiño cara Tebas, Edipo atópase nunha encrucillada con Laio, que viaxaba a Delfos. O heraldo de Laio, Polifontes esixíu a Edipo que lle cedera o paso, e mata a un dos seus cabalos. Edipo encolerízase e mata a Polifontes e a Laio sen saber que era o rei de Tebas, e o seu propio pai.
Despois Edipo casará con Iocasta para máis tarde descubrir a terrible verdade de que eran os seus pais.
Cando Iocasta descobre que Edipo é o seu fillo suicídase. Edipo, incapaz de soportar o horror que o parricidio e o incesto lle provocan, arríncase os ollos cos alfinetes do vestido da súa nai e abandona a cidade para vagar coma un mendicante por toda Grecia, atendido pola súa filla Antígona.
UN TEMA UNIVERSAL: A ADOPCIÓN
O mito tamén plantexa cuestións sociais como o abandono dos nenos, que era legal en Grecia e Roma, e a adopción. Quen son os auténticos pais, os de sangue ou os que crían aos fillos? A película “Poderosa Afrodita” de Woody Allen, inspirada neste mito, é unha obra maestra sobre este asunto.