O lado máis humano da ciencia. Os síndromes

18 Xuño 2013
síndromes

A palabra síndrome ven do grego συνδρομή (concorrencia tumultuosa de persoas ou de cousas). Tamén se chama así ó conxunto de síntomas dunha enfermidade.

O SÍNDROME  DE MEDEA

Medea

Poucos feitos conmoven máis que unha nai mate ós seus fillos para vingarse do pai, pero isto sucede. Este trastorno é coñecido como o síndrome de Medea.

Medea era a feiticeira muller de Xasón, quen  acordou co rei de Corinto abandonala para unirse a súa filla, a princesa Glauca. Medea, arrastrada polos celos, enviou a Glauca un manto. Cando a princesa se puxo o manto este converteuse nunha tea chameante. Foi consumida polas chamas e despois Medea matou aos fillos que tivo con Xasón, en vinganza.

O SÍNDROME DE DIÓXENES

Este trastorno afecta maioritariamente a persoas maiores que viven soas. Consiste nun total abandono persoal  e social, así como o illamento voluntario no propio fogar e a acumulación de lixo neste. Dióxenes era un filósofo da escola cínica que viviu como un vagabundo nas rúas de Atenas no século IV, facendo apoloxía da pobreza e aborrecendo as convencións sociais.

Medea-1

O TRASTORNO DE ELECTRA

En psicoloxía, o trastorno de Electra sucede cando a filla sente un certa atracción cara ó seu pai e rivalidade contra a nai. Ás veces o pai  convértese no  seu único referente amoroso. É a outra cara da moeda do “Complexo de Edipo”.

Electra, filla de Agamenón e Clitemnestra sentía profundo afecto polo seu pai ausente na guerra de Troia. Polo contrario, odiaba á nai Clitemnestra  porque lle era infiel ó pai cun tal Existo. Ademais, cando Agamenón volveu da guerra Clitemnestra decidiu matalo coa axuda do seu amante. A desgraciada Electra convenceu ó seu irmán Orestes para matar ós asasinos: á súa propia nai. 

Dióxenes

Dióxenes