O lado máis humano da ciencia. A oliveira

20 Maio 2013
oliveira

A oliveira foi unha árbore cunha grande carga simbólica en toda a zona Mediterránea  durante a Antigüidade.

A LOITA ENTRE ATENEA E POSEIDÓN

Atenea-Poseidón

Este mito fálanos de que una vez fundada a polis grega, Atenea e Poseidón preséntaronse como os deuses que querían protexer a polis. Os cidadáns, para elixir un dos dous, dixeron que lles fixesen un agasallo útil para a polis: Poseidón chegou primeiro e fixo brotar do chan unha fonte de auga salgada e Atena chegou  segunda e regaloulles unha oliveira sagrada como alimento aos cidadáns. Os deuses olímpicos decidiron asignar a rexión a Atenea tras a decisión do seu rei Cécrope que afirmaba que Atenea foi a primeira en plantar unha oliveira. Atenea, polo tanto puxo o seu nome á polis e Poseidón como castigo anegouna.  Aínda ás veces dise que se pode oír a son do mar dende a Acrópole...

 

A PLANTA

oliveira-1

A oliveira foi unha árbore cunha grande carga simbólica en toda a zona Mediterránea  durante a Antigüidade. Serviu como fonte  de alimento grazas ás olivas das que se extraía o aceite. Foi respectada e venerada, como unha das dúas árbores míticas gregas máis importantes, xunto co carballo.

A orixe da oliveira na cidade de Atenas  explícase a través da intervención  da deusa Atenea, a filla de Zeus e Metis  que simbolizaba a astucia e a prudencia.

A oliveira ao ser considerada unha árbore sagrada servía como ofrenda dos

oliveira3

mortais aos deuses en numerosas ocasións. Os habitantes da antiga Grecia enseguida aprenderon a cultívala xa que lles pareceu un alimento imprescindible, ademais dun símbolo de vitoria que se lle poñía aos campións de cerimonias deportivas ou aos gañadores dunha batalla.