O lado máis humano da ciencia: o xacinto

21 Maio 2013
xacinto1

Xacinto é o nome dunha flor e tamén dun personaxe da mitoloxía grega.

O PERSONAXE DE XACINTO

Na mitoloxía grega, Xacinto era o fillo dos reis de Macedonia. Xacinto era a divindade tutelar dun dos principais festivais espartanos, as Xacintias, que se celebraban cada verán. O festival adoitaba durar tres días, un para chorar a morte deste heroe divino e os outros dous para celebrar o seu renacemento

A SÚA MORTE

xacinto

Segundo o mito, Xacinto era un mozo efebo amado polo deus Apolo. Un día estaban a xogar cun disco. cando Apolo quixo demostrarlle a Xacinto o seu poder e impresionalo, lanzándoo con todas as súas forzas. Xacinto intentou atrápalo pero o disco golpeouno na cabeza e caeu morto. O sangue de Xacinto derramouse sobre a herba e dela brotou unha flor, a que Apolo chamou Xacinto. Segundo Ovidio, as bágoas de Apolo caeron sobre os pétalos da flor e converteuse así nun sinal de loito.  

A HOMOSEXUALIDADE

Na Antiga Grecia non se entendía a orientación sexual como identificador social, de feito a bisexualidade era moi habitual.  A forma máis común de ter relacións sexuais entre homes en Grecia era a pederastia, unha relación consentida entre un home adulto e un adolescente ou efebo. En Atenas o  maior era chamado "erastés" e encargábase de educar, protexer, amar e dar exemplo ó seu amado. O mozo era o "erómenos" e a súa retribución ao amante era a súa beleza e xuventude.

OUTRAS PARELLAS HOMOSEXUAIS

Unha proba da normalidade coa que se vivían estas relacións é a cantidade de parellas homosexuais no mundo paralelo dos deuses e heroes: Abdero e Heracles, Aquiles e Patroclo,  Aquiles e Troilo, , Apolo e Himeneo, Zeus e Calisto, Crisipo e Laio, Zeus e Ganímedes, Heracles e Hylas, Heracles e Iolao, Poseidón e Pélope, Orfeo e Calais e un largo etc.

A FLOR DO XACINTO

xacinto2

É una planta bulbosa da familia das liliáceas.Cada flor adoita ter unhas cinco o seis pétalas moi carnosas. Existen variedades de diversas tonalidades.