O lado máis humano da ciencia. O loureiro

5 Maio 2013
loureiro

O loureiro ten dous destinos: a cabeza do heroe e o guiso”  Manuel Vicent.

Mito de Apolo e Dafne

apolo-dafne

Logo de vencer á serpe Pitón, Apolo, deus do sol e gran arqueiro, riuse do pequeno arco do deus Cupido. Este enfadado lanzoulle una frecha de ouro que o namorou dunha ninfa chamada Dafne, e lanzoulle a Dafne outra frecha de ferro que fixo que ela rexeitase o amor de Apolo.

Apolo perseguiu a Dafne polo monte pero ela escapaba. Cando finalmente o deus estaba a piques de alcanzala, Dafne pediulle axuda ao seu pai, o río Peneo, e el transformouna nun Loureiro.

Apolo chorou o amor perdido pero para recordala sempre cortou dúas pólas do loureiro e fixo con elas unha coroa que se convertiu nun dos seus símbolos.

O LOUREIRO é unha árbore de crecemento moi lento con follas perennes de cor verde escura. En marzo bota unhas pequenas flores amarelas e a principios de outono sae o froito, unhas pequenas bagas de cor escura.

USOS DO LOUREIRO

loureiro-p

As coroas de loureiro usáronse durante moito tempo para premiar aos vencedores. Na actualidade aínda se usan nalgunhas universidades como premio aos alumnos graduados.

As follas foron usadas durante moito tempo como tónico estomacal, medicina tradicional en infusións

Na cociña é un condimento moi utilizado en guisos, sopas, carnes... Tamén é moi común en vinagres. Dáse sobre todo en Europa e en América