O lado máis humano da ciencia. O Cosmos

7 Outubro 2013
Cosmos

A meirande parte das léxico técnico da astronomía, provén das linguas clásicas.

Algúns exemplos son:

ASTRONOMÍA E ASTROLOXÍA

Cosmos 1

-A astronomía é o estudo científico dos obxectos no espazo e a relación que teñen entre si, principalmente en aspectos matemáticos. A palabra astronomía contén ἀστήρ (corpo celeste) e o sufixo νόμος que significa lei, regra.

-A astroloxía é o un estudo da relación entre  a humanidade e os obxectos do ceo, entendendo que estes inflúen nas nosas vidas. A palabra astroloxía componse de: ἀστήρ e de λόγος, “estudio ou tratado”. Empezou en Exipto pero foi sistematizada polos gregos, creando o famoso Zodiaco ( ζωδιακός κύκλος, o “círculo dos animais”, de ζωον, “animal”).

COMETAS

Un cometa é un corpo celeste que está constituído por xeo e rochas que orbita arredor do sol e segue diferentes traxectorias. Ven do termo grego κόμη,  cabeleira,  e do seu derivado κομήτης ἀστήρ . É dicir, que un cometa é un “astro con melena”.

GALAXIAS

A palabra procede do grego γαλαξια, “de leite”, derivado de γάλακ, γάλακτος, “leite”, pola historia grega da creación da vía láctea a partires do chorro de leite da deusa Hera.

SATÉLITES

Sistema Solar

Do latín satelles, -itis. Era o soldado da garda real, o que coidaba e estaba cerca dun personaxe importante.

PLANETAS

Un planeta é un corpo de forma esférica que xira arredor dunha estrela e faise visible pola luz que reflicte esa estrela. Vén do termo grego πλανήτης: “vagabundo, errante”. Os principais recibiron o nome dos deuses romanos

Marte: o deus da guerra e da violencia deu nome ao planeta vermello como o sangue.

Venus: a deusa do amor, do sexo e a beleza. Deu nome ao máis brillante.

Xúpiter: deus principal do panteón, por iso é o nome do planeta máis grande.

OUTROS

Astronauta: composta por ἀστήρ (corpo celeste) e ναύτης=navegante.