O lado máis humano da ciencia. O amor

18 Xuño 2013
amor

O AMOR , LOUCURA DIVINA EN PLATÓN

Platón describe catro loucuras (en grego μανίαι, manías) provocadas polos deuses, e por tanto, divinas: a loucura profética (como a da pitonisa de Delfos); a loucura poética (das Musas); a loucura ritual (a histeria colectiva, como a dos rituais de Dioniso, ou nos partidos de fútbol...), e a loucura amorosa

Segundo Platón o amor é a cuarta loucura, xa que é un sentimento que nin eliximos nós nin controlamos, estando en mans dos deuses.

amor1

Na obra O Banquete, unha das máis coñecidas deste filósofo, fálase desta “enfermidade”, do desexo, non soamente como algo físico senón como o desexo na súa totalidade. Aristófanes, un dos personaxes conta un mito sobre a orixe do amor. Ao principio había tres tipos de seres: homes , mulleres e híbridos, estes últimos mestura dos dous anteriores. Foron castigados por Zeus cun raio que os dividiu e desde aquela, búscanse os uns aos outros.

O DEUS EROS

Hai moitas tradicións sobre a orixe do deus Eros. En Hesíodo é un deus primixenio xunto con Caos, Tártaro e Xea. É a gran forza xeradora do universo. Pero a versión máis coñecida representa a Eros, o Cupido romano, como un neno traveso da man da súa nai Afrodita, deusa do amor.

NAMORAMENTOS TOLOS

Nin os deuses nin os heroes escaparon á tolería amorosa. Algunhas destas paixóns foron tráxicas:

-Helena e Paris. Afrodita, como premio a Paris por considerala a deusa máis fermosa, outorgoulle á muller máis bela e de aí naceu un amor incontrolable capaz de provocar unha guerra como a de Troia.

amor2

-Pasífae e o touro branco de Poiseidón. Amor enviado como castigo de Poseidón ao rei de Creta Minos. Deste amor naceu o Minotauro, que tiña cabeza de touro e corpo de home, unha vergoña para a familia de Minos, o marido de Pasífae.

-Fedra e Hipólito. Fedra era a muller de Teseo, rei de Atenas. Posuída por Afrodita namórase do fillo do seu home, Hipólito.  Ao final, Hipólito foi castigado coa morte e, non podendo soportalo, Fedra mátase.