O lado máis humano da Ciencia. Fenómenos naturais

Os ventos e os terremotos. Eolo, Poseidón
23 Marzo 2013
ventos

EOLO

Era un fillo de Poseidón a quen Zeus lle deu o poder de controlar os ventos. Tíñaos encadeados nunha cova profunda, nunha das illas eólicas (hoxe chamadas Lípari), onde os gobernaba cun dominio absoluto, apresándoos ou liberándoos ao seu antollo, xa que poderían provocar graves desastres no ceo, a terra e as augas.

eolo

É representado empuñando un cetro como símbolo da súa autoridade, e rodeado de turbulentos remuíños, os Ventos, cada un dos cales era un deus. Os propios deuses pedíanlle axuda ás veces para que os ventos fosen ou non propicios aos seus intereses.

Ulises e Eolo

Ulises estivo un mes na illa de Eolia con Eolo. Agasallouno cun odre no que estaban encerrados todos os ventos agás o que lle conduciría a Ítaca, a súa casa. Pero os compañeiros de Ulises abrírono mentres este durmía, pensando que estaba cheo de viño, e desatouse unha gran tempestade que provocou a súa partida da illa

POSEIDÓN

Poseidón

O retorno de Neptuno (J.S.Copley)

Poseidón é o deus do mar, das tormentas e, como “Axitador da Terra”, dos terremotos. Concibíase  creando novas illas e ofrecendo mares en calma. Cando se enfadaba ou era ignorado, fundía o chan co seu tridente e provocaba mananciais caóticos, terremotos, afundimentos e naufraxios. Era moi temido polos gregos, polo que lle erixiron moitos templos ao longo da xeografía de Grecia como o templo do cabo Sunion, no Sur da península do Ática.

eolo t