O lado máis humano da ciencia. Fenómenos naturais

A meteoroloxía
1 Marzo 2013
meteoroloxía-c

Para Aristóteles a “Meteoroloxía” é o estudio do que está no ceo: fenómenos e corpos celestes.

O LÓSTREGO E A CHOIVA DE ZEUS

Xúpiter

Zeus é o fillo de Cronos e Rea. É o deus do ceo e dos fenómenos meteorolóxicos. Os símbolos que o representan son o trono, o raio/lóstrego e a águia.

Zeus quería destronar ao seu cruel pai Cronos. Para iso maquinou un plan e pediulle axuda á deusa Metis para que lle devolvese a vida aos seus irmáns: Hera, Deméter, Poseidón, Hestía e Hades, devorados polo seu propio proxenitor.

Zeus conseguiu destronar ao seu pai e converteuse no principal candidato para o trono.

Os Cíclopes estaban custodiados por un ser monstruoso chamado Campe. Zeus matouno e liberou a Brontes, Astéropes e Arges e como mostra de agradecemento os Cíclopes fabricaron para el o o raio, o lóstrego e o trono.

Con estes instrumentos  Zeus  no Monte Olimpo dende o ceo provoca a chuvia e envía lóstregos á terra.

O NACEMENTO DE DIONISIO

Semele

A morte de Sémele, por Rubens

A nai De Dioniso era Sémele, filla do rei Cadmo de Tebas, e o seu pai Zeus.  A muller de Zeus, Hera, era unha deusa celosa e descubriu a aventura do seu marido. Co aspecto dunha anciá, Hera gañou a amizade de Sémele e esta confiolle que Zeus era o pai do seu fillo. Hera finxiu non crer nada e  Sémele pediulle a Zeus que se revelase en todo o seu esplendor, como proba da súa divinidade. - Non me pidas iso! Díxolle o deus, pero el acabou accedendo. Presentouse ante ela cos seus tronos, lóstregos e raios e Sémele morreu torradiña de todo. Zeus logrou rescatar a Dionisio cosendo o feto na súa coxa. Dez meses despois, naceu o pequeno Dioniso.