O lado máis humano da ciencia. A epilepsia

18 Xuño 2013
epilepsia

A Epilepsia era unha enfermidade considerada sagrada para os antigos gregos. Eles pensaban que o enfermo, cando tiña un ataque, estaba sendo posuído por un deus. 

Para curarse tiñan que purificalo. Na cultura cristiá esa posesión pasou a ser considerada como endemoñada, e só se curaba cun exorcismo.

NOMES DA ENFERMIDADE

epilepsia1

Morbus Pueri: “Enfermidade do Neno”. Esta denominación débese a aparición e prevalenza da epilepsia neste grupo da poboación.

Morbus Sacer: “Enfermidade sagrada”

Morbus Comitialis: “Enfermidade dos comicios”, porque se suspendía un acto cando alguén caía por causa da epilepsia durante unha asemblea ou comicio. Se sucedía durante un xuízo tiñan tamén que deixalo para purificar o lugar e a persoa enferma.

Morbus Herculeus. Porque Hércules tiña esta enfermidade segundo a mitoloxía grega.

epilepsia Hércules

UN ENFERMO ESPECIAL : HÉRCULES

A enfermidade tamén se coñece como “Mal Hercúleo”. Esta denominación débese ó famoso semideus grego Hércules, fillo de Xúpiter e a mortal Alcmena. Cóntase que Hércules tivo dous ataques desta tolemia divina:

Xuno provócalle un ataque de loucura por vinganza, xa que era fillo ilexítimo do seu infiel marido. Neste estado, Hércules matou a frechazos e a golpes de maza aos fillos que tivera con Megara e a esta mesma. Asustado polo crime, ao recobrar a memoria, Hércules condenouse ao desterro e foi  ver a Tespio, quen o purificou deste terrible arrebato.

Tamén encontramos referencias a outro ataque de loucura de Hércules cando se pon unha túnica empapada en sangue e veleno que lle ofrece a súa nova esposa Deianira, quen cre que a túnica posúe a virtude de avivar o cariño conxugal e devolver ás súas  esposas os maridos inconstantes...