O lado máis humano da ciencia. A Astronomía.

7 Outubro 2013
constelacións

Seguimos coa serie de artigos que nos explican a relación do mundo clásico (Grecia e Roma) coas ciencias.

OS CATASTERISMOS

constelación Leo

Un  “catasterismo” é a transformación dun ser nunha estrela ou nunha constelación, como recompensa por unha fazaña ou acto de recoñecemento da súa divindade. Dende aquela moitos corpos celestes recibiron o nome de personaxes da mitoloxía.

A VÍA LACTEA: O “CAMIÑO DE LEITE”

Vía Läctea

Cóntase que o deus grego Zeus, que era infiel á súa esposa, tivo un fillo chamado Heracles da súa unión con Alcmena. Ao enterarse, Hera fixo que Alcmena levara no ventre a Heracles por 10 meses, e tratou de desfacerse deste mandando dúas serpes para que mataran ao bebé cando tiña oito meses. Sen embargo, Heracles estrangulounas coas súas pequenas mans. Heracles resultou ser o favorito de Zeus. Pero, o Oráculo dicía que Heracles só sería un heroe, posto que era mortal. Para ser un deus inmortal debía demostrar unha valentía digna dun deus. Hermes, o mensaxeiro dos deuses, puxo a Heracles no seo de Hera mentres ela durmía para que mamase do leite divino, pero ao espertar e darse conta, separouno bruscamente. O leite derramado formou a Vía Láctea.

O ZODIACO OU CÍRCULO DOS ANIMAIS

O zodíaco, feito  polos gregos, baséase na división en doce partes iguais da banda celeste sobre a cal trazan as súas traxectorias o Sol, a Lúa e os planetas.

-Piscis: cando os deuses fuxiron do titán Tifón, Ares e Afrodita transformáronse en peixes e foron pescados por un pescador.

-Acuario: é o mozo Ganímedes, o escanciador dos deuses no Olimpo. Un mozo de extremada beleza que conseguiu o amor do Deus Zeus.

-Cáncer: é o cangrexo que enviou a celosa Hera para que mordese a Hércules mentres loitaba contra a Hidra de Lerma.

-Aries:  é o carneiro enviado por Ares para salvar ós fillos de Ino. Foi despois o vellocino de ouro.

-Leo: é o León de Nemea, derrotado por Hércules e convertido na súa carapucha.

-Tauro: é o touro no que se converteu Zeus para raptar a Europa

-Saxitario: é o centauro Quirón, mestre de heroes, armado coas súas frechas.

-Escorpio: é o escorpión que Ártemis mandou para que picase ao xigante Orión por intentar violala. Por iso a constelación de Orión fuxe da de Escorpio.