O Koala

16 Maio 2014
koala

O koala é un simpático animal que vive en Australia. Pasa unha gran parte da súa vida subido ás árbores onde descansa e se protexe de depredadores.

Pode acadar unha lonxitude de 76 cm; o corpo  é robusto e está cuberto de pelo suave de cor marrón grisáceo. A cabeza é grande respecto o corpo e redonda, e ten unhas orellas peludas, grandes e redondas. As extremidades posteriores son curtas, con pés grandes dotados de cinco dedos; as extremidades anteriores teñen cinco dedos, dous deles opostos aos outros tres; cada dedo ten unha garra forte e grande.

O koala é hervíboro e alímentase principalmente de follas de eucalipto. Pode pasar ata 5 horas ao día comendo.

Tamén se coñece como o perezoso australiano, debido á lentitude dos seus movementos, especialmente cando se alimenta. Cando o alimento non é moi abundante a súa forma de desprazarse e aínda máis lenta para economizar as súas enerxías

Os koalas son mamíferos marsupiais que xeralmente só teñen unha cría. O embarazo dura 35 días. A cría nace cega, sen pelo e pesa menos de 1 g e mide 2 cm. Despois de nacer arrástrase ata a bolsa da nai onde pasa de 6 a 7 semanas alimentándose de leite. Logo a nai aliméntaa cunha papilla feita con follas. A nai coidaa case un ano.