O inverno
O inverno é unha das catro estacións do ano. O seu nome ven do latín hibernum.
Caracterízase pola importante baixada das temperaturas que, unido ás altas precipitacións, da lugar ás habituais nevadas en zonas de certa altitude.
Os días son máis curtos e as noites máis longas.
Durante esta estación varias especies de animais, principalmente as aves, emigran para outras rexións máis quentes. Outros animais, como os osos, ou os leiróns, hivernan nese período, reducindo grandemente a súa actividade metabólica.
Algúns refráns:
“Despois da Peregrina, o inverno ven axiña”
“Pola Candelaria, a metade do inverno vai fóra, se chove e venta, o inverno entra”
“Inverno chuvioso, verán caloroso”
“Ano de neves, ano de ebns”
Adiviña:
“Unha saba branca de algodón que cobre o mundo e o río non” (a neve).