O inventor dos implantes, orgulloso do seu

5 Abril 2012
implantes

Peringvar Branemark, un sueco con sorte diríamos. Este sueco que seguro que non vos soará, foi quen hai medio século descubriu que utilizando titanio nos implantes fusionábanse co oso. Á parte de descubrir isto, desenvolveu a mesma técnica para implantar o titanio.

O descubrimento deste sueco foi unha casualidade que se dá ás veces na ciencia, e ocorreu da seguinte maneira: el utilizaba os lentes de titanio para colocar o fémur dos animais, e a sorpresa foi que o titanio, despois dun tempo fusionárase co óso. O descubrimento foi en 1952, pero os implantes non se puxeron ata mediados da década dos sesenta, xa que antes de probalos con persoas experimentaron con animais, en concreto cuns cans de caza, e foi un éxito. Despois de probar con animais implantáronselle a persoas e agora xa hai máis de dez millóns de implantes dentais en todo o mundo.

Construíronse centros de Branemark por todo o mundo para que a xente puxera implantes e agora hai uns vinte, cada centro dálle unha porcentaxe do que gana ao inventor. A parte de todo isto, os xefes dos centros e o sueco reúnense para recopilar os fallos e para ver como funciona a técnica, e desta maneira poder corrixilos. Existe un centro especial no Brasil onde a xente non ten que pagar pola falta de recursos, e fíxose alí xa que hai moitos casos de fisura palatal, e a parte de implantes fanse todo tipo de ortodoncias, é unha maneira de axudar a sociedade, di Banemark, tamén di que ninguén debe morrer cos dentes nun vaso de auga.