O infarto de miocardio

19 Novembro 2013
corazón-infarto

O infarto de miocardio, coñecido como ataque ao corazón, ataque cardíaco ou infarto, prodúcese por unha rega sanguínea insuficiente nunha parte do corazón con dano nos tecidos.

A coroa de vasos sanguíneos que levan osíxeno e nutrintes ao propio músculo cardíaco (arterias coronarias) pode desenvolver placas de ateroma, o que compromete en maior ou menor grao o fluxo de osíxeno e nutrintes ao propio Corazón.

O infarto de miocardio é a principal causa de morte de persoas en todo o mundo.

Os principais riscos que predispoñen a un infarto son a arteroesclerose, os trastornos no ritmo cardíaco, a tensiónalta, a  idade, e certos hábitos modificables como o consumo excesivos de tabaco ou bebidas alcohólicas, a obesidade, a vida sedentaria…

O risco de padecer un infarto pode evitarse seguindo algunhas pautas de vida saúdable:

    -Deixar de fumar

    -Levar unha dieta equilibrada, rica en froitas, verduras, legumes e cereais.

    -Facer exercicio.

    -Evitar as bebidas alcohólicas…