O incrible evento de Tunguska

4 Xullo 2011
Tunguska1

O 30 de xuño ás 7:17, hai 103 anos, produciuse unha gran explosión nas proximidades do río Podkamennaya en Tunguska (Siberia-Rusia) coñecido polos cientificos co nome de Evento de Tunguska.

A explosión, cunha potencia de 30 megatóns, equivalente á de 500 bombas atómicas incendiou e derribou árbores nunha superficie de 2.150 km2. Rompeu ventás, fixo volcar barcas, derrubou cabalos e arrincou tendas e fixo caer á xente ao chan a400 km de distancia. Durante varios días as noites en Rusia e algúns puntos de Europa eran tan luminosas que se podía ler despois do solpor.

Os supervivintes da zona afectada describírona como un fungo xigante que se elevaba no aire e brillaba como un sol. A explosión foi detectada por numerosas estacións sismográficas e ata por unha estación barográfica no Reino Unido debido ás fluctuacións na presión atmosférica.

Durante anos tentaron buscar distintas explicacións ao fenómeno: un meteorito, un ovni, unha bomba de hidróxeno natural... O que máis despista é que non formou cráter. Na zona atopáronse restos de níquel, iridio e magnetita.

A máis aceptada na actualidade explica que foi producida por un fragmento dun cometa de80 mde diámetro (posiblemente o 2P/Encke) que explotou no aire e se desfixo xerando unha gran cantidade de enerxía.

Tunguska