O Gran terremoto de Chile

20 Maio 2013
terremoto Valdivia

O domingo 22 de maio de 1960 tivo lugar en Chile o terremoto máis intenso da historia.

O sismo coñecido co nome de terremoto de Valdivia ou Gran terremoto de Chile tivo unha intensidade de 9,5 na escala de Ritcher. Formou parte dunha serie de tremores que se produciron entre o 21 de maio e o 6 de xuño e que afectaron a unha gran parte do sur de Chile. Como efectos secundarios produciuse un gran maremoto que afectou a atodas as costas do Pacífico e a erupción do volcán Puyehue.

O terremoto de Valdivio costou a vida a 2.000 persoas e deixou damnificadas a máis de dous millóns, edemáis de enormes danos nas construcións e infraestruturas.