O glaciar Upsala.
O glaciar Upsala é o segundo glaciar máis longo do Hemisferio Sur, detrás do glaciar Pío XI. Forma parte da área de xeos continentais e glaciares da Patagonia declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.
Atópase no Parque Nacional dos Glaciares, en Arxentina, no Campo de xeo Patagónico (no que tamén de atopa o glaciar Perito Moreno), na cordilleira dos Andes.
É un glaciar de val Ten unha lingua de xeo de 53,7 kmde lonxitude e 10 kmde ancho e ocupa unha superficie de 765 km2 con varios centos de metros de espesor. Na súa parte central obsérvase unha acumulación de rochas, area e barro transportados por glaciares menores, que quedaron atrapados no interior deste ao confluír dúas linguas de xeo. No seu fronte forma un lago.
Foi bautizado en 1908 polo xeólogo P.D Quensel co nome da cidade sueca de Uppsala.
Desde 1978 está sufrindo un retrocedo, moi intenso ata o 1994 (case700 m) e máis lixeiro a partir desa data. As causas poden ser variadas: un ciclo climático e xeolóxico ou o cambio climático.