O futuro en Marte

2 Decembro 2011
robot

O 26 de novembro a NASA lanzou un foguete para poñer en órbita a Curiosity un novo robot que chegará a Marte en agosto para explorar a súa superficie.

Vai completar o traballo de Spirit e Opportunity que xa levan tempo traballando alí.

Curiosity e o rover máis avanzado que se lanzou ao espazo e achegará información científica descoñecida sobre o planeta Marte, especialmente datos ambientais. Neste proxecto participa Fernando Abilleira, un enxeñeiro de orixe galega e España proporciona a estación medioambiental REMS dirixida polo Centro Nacional de Astrobioloxía.