O estaño

6 Xuño 2011
estaño

O estaño é un elemento químico que pertence ao grupo dos metais, co símbolo Sn e o número atómico 50.

É un sólido que pode presentarse en dúas formas diferentes: estaño α (gris) ou estaño β  (branco)  que teñen diferente estructura e propiedades.

O estaño gris é un po amorfo non metálico, semicondutor, estable a temperatura menor de 13,2ºC.

O estaño branco é metálico, condutor, estable a temperaturas superiores a 13,2ºC. Ten unha densidade de5,7 a7,2 e funde a232,9 ºC. É un metal dúctil e maleable polo que pode laminarse con facilidade para obter papel de estaño.

A transformación de estaño branco en estaño gris ten lugar de forma espontánea a temperaturas por debaixo de13,2ºCaparecendo unhas manchas grises no estaño branco que se propaga pola peza a medida  que se sucede a transformación, reducíndoa finalmente a po. Este fenómeno coñécese como “peste do estaño”, xa que o estaño “enfermo” pode “contaxiar” ao metal san, de aí  a denominación de peste.

Esta característica do estaño púxose de manifesto na catedral de San Petersburgo cando instalaron un órgano con tubos de estaño. Durante un inverno realmente duro, os tubos do fermoso órgano desfixéronse ao converterse o estaño branco en estaño gris.

casiterita

casiterita

O estano atópase na casiterita, un mineral que foi moi abundante en Galicia. Foi un dos primeiros metais empregados polo ser humano, en aliaxe co cobre para formar bronce, pero foi identificado por Julius Pelegrin en 1854.

Úsase en aliaxes con outros metais (xunto co cobre forma o bronce, con cin e chumpo o peltre) ou para protexelos, para soldaduras, na fabricación de vidro, funxicidas, esmaltes cerámicos... 

O estaño