O efecto bolboreta
Un traballo de tecnoloxía onde se aplican conceptos e principios da física á vez que se elaboran proxectos activos e divertidos.
O efecto bolboreta trátase de crear un proxecto de efectos encadeados partindo do tiro dunha bola, que irá por un percorrido determinado producindo as fases e os efectos predestinados.
É obligatorio que conteña, como mínimo, catro fases polas que pasen unha ou varias canicas. Debe ter unha lámpada, un timbre e un motor, que funcionen cunha pila de petaca. Tamén ten que ter dous efectos finais como mínimo.
Podedes ver varios traballos feitos polo alumnado de 2º de ESO nos seguintes enlaces:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=pfqbiQ73rRA
https://sites.google.com/site/traballomodulo2/home/videos-e-presentacions-de-proxectos
http://asoreytecnoloxia.blogspot.com/2011/12/presentacion-en-flash-de-proyectos.html
http://asoreytecnoloxia.blogspot.com/p/videos-de-alumnosas.html
A continuación achegamos o vídeo do noso proxecto.
Este proxecto, en concreto, é un efecto bolboreta con catro fases e dous finais, un dos cales xa se atopa ao comezar. En cada final ten unha lámpada e un timbre respectivamente, que se accionaránn co contacto da canica. Tamén atopamos un motor nunha das fases, que fará funcionar unha ruleta que representa á dun casino.