O deserto do Sahara

5 Septembro 2011
deserto Sahara

O Sahara é o deserto cálido máis grande do mundo, con 9.065.000 km2 de superficie e esténdese desde o Océano Atlántico ata o Mar Vermello.

Ocupa unha boa parte do norte de África e nel viven preto de 2,5 millóns de persoas en varios países: Mauritania, Marrocos, Sahara Occidental, Libia, Exipto, Malí, Níxer, Alxeria, Tunisia, Sudán e Chad.

Noutros tempos foi máis húmido e nel téñense atopado fósiles de dinosaurios. Hai referencias de estar habitado por seres humáns desde hai uns 500.000 anos.