O Delta do Nilo en perigo

5 Septembro 2011
Delta Nilo

Hai uns anos o Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático das Nacións Unidas declarou o Delta do Nilo entre as tres primeiras zonas do planeta máis vulnerables fronte a unha elevación do nivel do mar (consecuencia do cambio climático) o que provocaría o desprazemento de de millóns de persoas dunha das zonas máis densamente poboadas da Terra.

Séculos de historía e unha gran riqueza agrícola quedaría baixo as augas do Mediterráneo.

O Delta do Nilo é un dos deltas máis extensos da Terra. Formouse pola sedimentación de areas e limos ao producirse unha diminución da velocidade da corrente na proximidade do mar. O historiador grego Herodoto deulle o nome de delta pola súa semellanza coa forma da letra grega delta (Δ).

Desde a época da primeira dinastia do Antigo Exipto o Delta do Nilo aumentou nuns 3.000 km2 de superficie e antes da construcción da gran presa de Asuán  medraba unha media de 1 km2 de superficie (4 m de lonxitude) ao ano.

Recentemente a erosión estase a producir nagúns lugares a un ritmo de100 m por ano.170 km de liña costeira están a un nivel moi baixo e calqueira pequena elevación do nivel do mar podería convertir en solo oceánico unha grande parte das terras de cultivos e cidades, como Alexandría.