O crocodilo máis antigo é portugués

Descuberto o fósil do cocrodiliano máis antigo en Montemor-O-Velho
7 Xaneiro 2019
Fósil crocodilo Tentúgal

En Lisboa, Portugal, tres paleontólogos de universidades portuguesas descubriron o fósil de crocodilo máis antigo do mundo en Montemor-o-Velho, situado no distrito de Coimbra.

O seu estudo correspóndese con unha nova especie denominada Portugalosuchus azenhae debido a unhas características peculiares, tal como se reflexa na publicación realizada pola revista científica «Zoological Journal of the Linnean Society». Este descubrimento adianta a aparición dos crocodilos duas décadas de millóns de anos antes do que se pensaba (case 95 millóns de anos).

A mandíbula e o cranio deste réptil foron encontrados en 2oo3  pola xeóloga Matilde Azenha na localidade de Tentúgal e foron estudados polos investigadores Octavio Mateus, Eduardo Puértolas-Pascual e Pedro Callapez.

Octávio Mateus e Eduardo Puértolas-Pascual comentan que este fósil é único na súa anatomía e clave para comprender as fases iniciais da evolución dos crocodilos. A abertura da mandíbula axuda a definir o que é un verdadeiro crocodilo xa que estos últimos non tiñan esa abertura nos ósos da mandíbula.

O fósil será exposto no Museo de Lourinha, a 70 quilómetros de Lisboa, especializado en etnoloxía, arqueoloxía y paleontoloxía. A expectación crece arredor do museo ante a exposición do fósil. O museo argumenta que os resultados dun estudo colocan este espécime dentro de ‘Crocodylia’, como un grupo irmán dos outros crocodilos. Este exemplar portugués representa unha especie única e ben documentada naquela idade xeolóxica europea.

See video