O que contan as imaxes (2)
3 Xaneiro 2011
Espazo protexido???
Lixo á beira do Río Umia, nun espazo protexido.
Foto: Mon Daporta. Feita en setembro de 2010.
Comentario: Carmen Vilanova e Alex Trigo.
Isto é algo malísimo para a natureza. É un espazo protexido e non se pode botar lixo. Ademais todo iso contamina e causa danos. As baterías dos coches son moi tóxicas para o medio ambiente. As botellas rotas poden facer que os animais morran ou queden feridos. Tamén poden causar incendios se lles da moito o sol. Isto non o queremos!
Non me toques os repolos
O que queira comer que traballe!!
Foto: Adela Leiro. Feita no Carballiño en 2010.
Comentario: Horacio González Macía.
O que queira repolos que cultive a súa propia horta e que deixe en paz a dos demais.