O cogombro

2 Decembro 2014
cogombro

O cogombro ou pepino é unha planta oriunda da India e cultívase dende hai mais de 3.000 anos. Foron os españois quenes o levaron a América. Hoxe en día é un ingrediente típico nas ensaladas mediterráneas e a súa variante encurtida é un popular aperitivo.

Úsase como alimento, con frecuencia crú nas diversas cociñas do mundo, en  ensaladas. No norte de Europa fanse sopas de pepino que son moi populares.

Contén abundantes mucílagos, esenciaa, vitamina C, carotenos, aminoácidos, celulosa. É un potente hidratante cutáneo grazas, entre outros, ás súas vitaminas D e C, e por iso úsase en mascariñas e para branquear a pel. En medicina úsase como diurético, depurativo, para os picores…