O Cimeterio da Ría de Arousa

2 Marzo 2012
Areoso

A illa de Areoso que se atopa na ría de Arousa, non pasou desapercibida para os mouros, criaturas mitolóxicas que se identificaron coas que construíron os monumentos megalíticos.

Baixo a area do illote de Areoso, atópase boa parte da historia de Galicia xa que debido ós temporais e ás mareas que afectaron á costa galega este inverno saíron ao descuberto estruturas megalíticas como mámoas. Algunhas destas estruturas e construcións foron saquedas pola xente propia de aquí, posiblemente polo descoñecemento que teñen deste tipo de monumentos.

O que máis chamou a atención destas estruturas foi unha mámoa (enterramento da época megalítica) cun dolme no seu interior, pero tamén saíron á luz outras construcións como unha casa co tellado de cuncha de ostra que foi feito daquela época. Atopáronse tamén restos de cerámicas así como antigos cuncheiros. Semella que cando se fixeron estas construcións, o nivel do mar era máis baixo ca o actual e posiblemente o acceso a esta illa era máis doado.

Hoxe, á espectacularidade da paisaxe do Areoso, únese o atractivo da pegada da nosa historia.