O chicle

4 Abril 2012
chicle

O chicle é unha goma masticable con sabor dóce. O nome popular do chicle, que é un polímero gomoso, ven da palabra indíxena “tzictli”, o nome da árbore Manikara Zapota, orixinaria de México, América Central e América do Sur tropical.

Debido ao seu sabor dóce e aromático numerosos pobos amerindios utilizábano para masticar.

Desde tempos antigos moitas culturas masticaban diferentes substancias para limpar os dentes, axudar na dixestión ou relaxarse. Os pobos americanos precocombinos empregaban o zapote para mascar desde tempos prehistóricos.  En Suecia descubriuse un anaco de goma de mascar (resina de bidueiro) de 9.000 anos coa marca dos dentes dun adolescente da Idade de Pedra. Tamén se atoparon en distintos lugares de Europa anacos de alquitrán de7.000 a2.000 anos de antigüidade con impresións dentais.

No ano50 a.C. os antigos gregos masticaban resina de entina (lentisco) para branquear os dentes.

Os indios norteamericanos masticaban a resina do abeto e os colonos ingleses fixeron unha goma de mascar mesturándoa con cera de abella.

No século XVI os españois amosaron aos maias masticando resina de chikozapote (chicle).

En 1848 sae a primeira goma de mascar ao mercado patentada por Jonh Curtis, feita con resina de abeto.

En 1869 William Semple patentou o chewinggum a partir do chikozapote e a comezos do século XX comezouse a fabricar de forma industrial.

En 1928 sae a primeira receita para o “chicle globo”, de cor rosada,  do dentista Walter Diemar.

Os soldados norteamericanos extenderon por Europa durante a Segunda Geurra Mundial o costume de mascar chicle.

Arredor de 1950 reemplazouse a resina natural por resina sintética feita a base dun derivado do petróleo

 

O chicle orixinal é unha goma natural ou látex, unha resina leitosa que se extrae da árbore Manikara zapota facéndolle cortes no toro. No seu estado natural case non ten sabor e é dificil de masticar.

Hoxe os chicles fanse a base de gomas sintéticas.

Proceso de fabricación:

1-FUSIÓN: quéntanse e purifícase unha base de goma en forma de pequenas bolas.

2-MESTURADO: a base fundida vértese nun recipiente onde se lle engaden edulcorantes e aromas que se van mesturando lentamente,

3-ENROLADO: dos mesturadores sae unha gran barra de pasta a través dunha serie de rodillos que o van transformando nunha cinta contínua e logo déixase arrefriar.

4-CORTADO: en porcións ou barras pequenas

5-ACONDICIONADO E ENVASADO

chicle-1
http://youtu.be/S8PUeryI0PU