O charrasco

5 Septembro 2011
charrasco

É un instrumento idiófono moi especial que fai de pandeireta, tamboril e bombo.

Foi descuberto arredor de 1987 na zona de Cuntis. Está formado por un pau vertical que na parte de arriba leva un cadro con ferreñas e no medio unha corda que pode estar feita con tripa ou cable (neste exemplo cun freo de bicicleta).

Tócase batendo co pau no chan para que soe o golpe (a xeito de Bombo) e as ferreñas (a xeito de pandeireta). Cun pau cuns riscos frégase a corda e produce tamén son de pandeiretas.

http://youtu.be/fjBSmGx-wrE