O cerebro dos roedores, un recurso contra a vellez
Tras recentes estudos, descubriuse que, en roedores vellos, existe unha activación crónica do factor nuclear kB que pode acelerar ou frear a velocidade de envellecemento a modo de interruptor.
Este factor tamén é o encargado de regular a actividade do hipotálamo a respostas inmunes como a inflamación crónica , principal causante da vellez , asociada a enfermidades como a artrite, cancro, Alzheimer, etc. O proceso inflammageing consiste na consecución dun cambio na forma de proceder do sistema inmune, tendo actuacións rápidas e a corto prazo nos primeiros anos de vida a respostas máis lentas pero máis duradeiras (crónica) o que ten un papel clave na vellez.
Segundo moitos investigadores, este achádego abre un novo camiño para o tratamento de enfermidades asociadas á idade, sobre todo as que están ligadas á inflamación.
Tras descubrir que elementos estaban implicados, levouse a cabo un estudio sobre o posible aumento da lonxevidade nos roedores vellos. Inxectouse aos roedores unha dose diaria de GnRH , hormona que encargada de contrarrestar os efectos do paso do tempo creando novas neuronas que regulan a memoria e o hipotálamo, producíndose unha ralentización do deterioro cognitivo, como resultado da neuroxénese, é dicir, a formación de novas neuronas. Por outra banda, a activación do factor nuclear kB provoca a aceleración do proceso de deterioro.
Como consecuencia, ao inactivar o factor nuclear kB aumentando a lonxevidade nun 20% aproximadamente, inhibir co hipotálamo active a inflamación ao aumentar a neuroxénese coa terapia GnRH, sería unha nova estratexia para incrementar a esperanza de vida en seres humanos e tratar enfermidades asociadas á idade.