O Carreirón

Un espazo natural na Illa de Arousa
7 Abril 2015
O Carreirón

O Espazo Natural do Carreirón está situado na zona sur da Illa de Arousa. É un lugar para gozar da natureza e facer agradables camiñadas.

Forma parte do Complexo Intermareal Umia – O Grove – A Lanzada – Punta Carreirón – Lagoa Bodeira.

O Carreirón, xunto co resto de espazos que compoñen o Complexo Intermareal, está protexido como:

-Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral

-Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)

-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)

-Zona húmida de Importancia Internacional (convenio RAMSAR)

-Área importante para a herpetofauna española.

É unha zona que acolle variados ecosistemas (dunas, praias, rochedos, lagoas, matogueiras, piñeirais...) cunha rica flora e fauna. Ademais é un lugar no que podemos realizar unha agradable ruta con fermosas paisaxes e, se o tempo axuda, das súas praias.