O cangrexo de río americano

4 Maio 2013
cangrexo río

O cangrexo de río americano ou tamén coñecido como cangrexo vermello, está arrasando os ríos de Galicia de Leste a Oeste.

O seu caparazón é de cor vermella, por iso o chaman así, e ten oito patas e dous garfos.

Comezou expandindose polo Baixo Miño e polo encoro de Cecebre onde foi considerado unha  praga. Pero na Costa da Morte , unha comarca coñecida polos seus ríos troiteiros, foi un dos lugares que ao cangrexo quedoulle por conquistar.

A introdución de especies foráneas nun ecosistema distinto ao seu, é un dos principais problemas para a biodiversidade. O cangrexo americano  adaptase moi ben ao ecosistema galego e por iso é tan perigoso, porque unha vez que se adaptan ao novo medio, rematan por destruilo.

Actualmente tamén é unha praga no río Umia e pode atoparse en calquera regato do Salnes e incluso en fontes e lavadoiros. Esta especie causa moitos danos na flora e fauna do río, chegando incluso a que no paseo fluvial de Pontearnelas impiden que medren novos exemplares de árbores.

Con todo isto debemos coidar os nosos ríos e fauna para non ter problemas coas novas especies que poidan chegar de fóra.