O cambio climático xa está aquí

1 Febreiro 2013
cambio climático

Xa chegou o quentamento global. Este feito era inminente dende hai  anos, pois contamos con gran cantidade de datos que mostran o ascenso da temperatura e unha gran frecuencia  de evidencias dos terribles danos que causa para o planeta tal como o coñecemos de experiencias vividas.

Máis isto era para algúns escépticos unha esaxeración, que afirmaban que a Terra non se estaba a quentar máis do normal, que so era un ano algo máis caloroso ca outro. Pois hoxe é máis evidente ca nunca  e por suposto demostrada cientificamente, que esa hipótese era incorrecta, xa que o quentamento global non esta por vir, está aquí. É todos os datos  aportados polos grandes expertos da NASA, o confirman.

Está demostrado que esta última década foi a máis calorosa dende o ano 1880, que é cando  comezou  esta información  a rexistrarse, e que vai en progresión (a uns 0.16 ºC por década). Unha curiosidade disto é que, esta progresión, é maior en Galicia (0.18 ºC por década).  Tamén é importante a comparación da media dende o período 1951-1980 e o 2012, porque a variación da diferenza de temperatura abrangue dende menos de -2’3 ºC  ata máis de 2’3ºC.

Para concluír estes datos, este pasado ano 2012 foi o 36 ano consecutivo no que se rexistran temperaturas por riba da media. É dicir, o quentamento global está consolidado, iso xa non é discutible, e vai en progreso.