O calendario chinés
O calendario chinés é un dos máis antigos que existen.
Nun comezo era luar e máis tarde lunisolar (emprega como referencia o Sol e a Lúa). A súa orixe asóciase á antiga civilización Xia do século XXII a. C. ou co emperador Huang Di no 2637 a.C. quen introducíu cinco ciclos de doce anos rexidos por animais significativos: Rata, Touro, Tigre, Lebre, Dragón, Serpe, Cabalo, Ovella, Mono, Galo, Can e Porco. A primeira constancia documental do emprego das contas cíclicas para os días é durante a disnastía Shang no 1300 a.C.
O principal problema para os astrónomos chineses, ao igual que para o resto das civilizacións, foi o de combinar os ciclos luares e solares.
Arredor do ano104 a.C. os astrónomos chineses chegaron a determinar a duración do ano en 365,2502 días empregando a observación e o gnomon. Máis tarde, no ano 480, Ju Chongzchi estableceuno en 365,2428 días, cun exceso de tan só 52 segundos sobre el valor vixente (365,2422).
O ano chinés ordinario ten 12 meses luares (lunacións) e353 a355 días. Cada certo tempo (arredor de tres anos) intercálase un ano con 13 meses luares (ano embolismal) con 383-385 días.
Miden o ano polo retorno do solsticio de inverno que debe cadrar sempre no 11º mes do ano.
Desde a introdución do Budismo cada ano, ademais do seu número, ten o nome dun signo do zodíaco chinés. O ano comeza cando o sol entra en Piscis coa primeira lúa nova.
Os meses agrúpanse en tres grupos: Meng (primeiro), Zhong (medio) e Ji (último); e en cuatro estaciones, Chun (primavera), Xia (verán), Qiu (outono) e Dong (inverno). Teñen tres semanas de 10 días cada unha.
Para axustar o ciclo luar de 354 días ao solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos.